A estratexia ideal para conectar unha marca co seu usuario!
A través dun anuncio (banner, nativo, vídeo...) utilizaremos os datos para impactar o usuario afín, no momento idóneo e en soportes totalmente premium.
Facémolo a través de provedores de datos especializados en impactar os usuarios segundo temas de interese e traballar con plataformas dirixidas á consecución de obxectivos full funnel.
Convertemos o usuario en cliente!
Creamos estratexias mid e low funnel. Reaccionamos ás palabras que o usuario utiliza na súa busca con mensaxes personalizadas consonte a necesidade que mostra, ofrecendo a mellor solución.
Esta optimización e especialización técnica nas plataformas permítenos ofrecer resultados de excelente calidade no tráfico web e na adquisición de leads, vendas e descargas de aplicacións.
Comunidade, marca e vendas!
Impactaremos o usuario no seu tempo de lecer e comunidade.
Cunha variedade de opcións, escolleremos as redes que mellor se adapten ao público da marca e, dependendo do obxectivo, optimizaremos desde o formato (imaxe, produto, vídeo...), ata a creación de audiencias de data, lookalike ou RTG.
Os usuarios xa chegaron, as marcas tamén?
Netflix, A3Media, Spotify ou Ivoox, i.e. Connected TV, Audio ou Podcast. Cada vez son máis os usuarios que consomen este tipo de canles. Faremos un plan a medida, escolleremos as plataformas de streaming idóneas e segmentaremos para impactar só no teu usuario obxectivo.
Innovación disruptiva! Queres ser o primeiro en chegar?
O gaming é comunidade, interacción, consolas, aplicacións... Atoparemos usuarios xogando partidos de fútbol na XBOX, competindo en xogos de palabras ou pasando pantallas no candy crush.
Un público cada vez máis amplo, que se atopa nun contexto óptimo para comunicar produtos ou servizos de lecer.
Ás veces, non che abonda con vender no teu ecommerce, sabémolo. Polo que sempre queremos ir máis alá. Analizamos que mercados poden xerar un push necesario para aumentar as túas vendas e que a través dunha estratexia de PaidMedia esteas no máis alto. A nosa misión é acompañarte desde o minuto un na implementación técnica e estratéxica.
Axudámoslle á túa marca a realizar e implantar as estratexias dixitais máis eficaces para fomentar a visita, venda e promoción das túas tendas físicas.
Traffic To Store:
Teremos como obxectivo principal atraer o consumidor ao punto físico de venda. A canle dixital será o punto de panca para que isto suceda a través de formatos notorios como display, native... etc. Utilizamos a xeolocalización e os intereses de cada usuario para impactar neles coa tecnoloxía programática adhoc que mide os impactos dixitais, ademais de medir que usuario acaba indo á tenda ou non.